Carro
Custom content
<p>This is custom content</p>

Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que naceu no ano 2014 froito da experiencia como xogadores e como pais. Os nosos xogos, todos de creación propia, están pensados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos, xa que cremos que o xogo en grupo e/ou en familia é unha actividade moi enriquecedora tanto dende o punto de vista da aprendizaxe de actitudes, dinámicas, habilidades motrices e mentais … como para axudar a unir lazos.

O xogo de mesa é un terreo neutral no que non caben discriminacións en función do xénero, da procedencia, das capacidades físicas ou mentais… e por iso é unha ferramenta tan interesante á hora de educar, tanto na escola como na casa; potenciando ademais a concentración, o razoamento, a cooperación, a aprendizaxe de vocabulario e comportamentos…

Contamos con máis de 20 xogos nun catálogo que medra ano a ano. Cada xogo ten uns obxectivos educativos diferentes: matemáticas; expresión oral; adiviñas; xeografía, historia, patrimonio… do Camiño de Santiago; agudeza visual; léxico; mitoloxía; Física cuántica... e ata temos un xogo baseado en feitos reais: Sálvora.

Este sitio web utiliza cookies para garantir que obteñas a mellor experiencia no noso sitio web