Carro
Custom content
<p>This is custom content</p>

A veiga

30,00 €
IVE incluido

Un día saímos de excursión e decatámonos do fermoso que era aquel lugar. Un terreo amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Decidimos cultivar alí a nosa hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando de que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos. Un día todo floreceu, madurou e estaban listos para seren apañados. 

O xogo consiste en regar, sementar, agardar a que medren e, finalmente, apañar os produtos da horta segundo o que vaia saíndo no dado: cenouras, grelos, tomates e patacas. Mais cómpre facelo antes de que os coman os animais e sen que o río seque. Tódolos xogadores irán no mesmo equipo e terán que tomar decisións ó longo da partida sobre o uso da auga ou o momento idóneo para sementar, apañar...

Descontos por volume

Cantidade Desconto unitario Aforras
3 10% 9,00 €
Cantidade
Engadir á lista de desexos
Últimos artigos en stock

Pagos aceptados por Brazolinda

Garante unha compra segura

Un día saímos de excursión e decatámonos do fermoso que era aquel lugar. Un terreo amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Decidimos cultivar alí a nosa hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando de que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos. Un día todo floreceu, madurou e estaban listos para seren apañados. 

O xogo consiste en regar, sementar, agardar a que medren e, finalmente, apañar os produtos da horta segundo o que vaia saíndo no dado: cenouras, grelos, tomates e patacas. Mais cómpre facelo antes de que os coman os animais e sen que o río seque. Tódolos xogadores irán no mesmo equipo e terán que tomar decisións ó longo da partida sobre o uso da auga ou o momento idóneo para sementar, apañar...

Obxectivos educativos: 

  • Mellora da psicomotricidade fina.
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado - acción).
  • Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo.
  • Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións.
20_001
2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Este sitio web utiliza cookies para garantir que obteñas a mellor experiencia no noso sitio web