O MUÍÑO DO FABAL
Posted by
Orestes Comunica
Mon, May, 2024
Comentarios
0
Este ano os Reis Magos trouxéronlle a Brazolinda un agasallo en forma de novo punto de venda!
Trátase da xoguetería O muíño do Fabal, situada na rúa Ares 2 de Narón. Alí atoparedes unha magnífica selección deses xogos e xoguetes que fan que os nosos nenos medren espertos, curiosos e abertos ó mundo que os rodea, e que fan que os adultos queiran xogar tamén.
E para ós que Narón vos quede lonxe, lembrade que tamén podedes atopar os nosos xogos en (ver mapa):
- Compostela: Couceiro (praza de Cervantes)
- Vigo: libraría Andel (avda das Camelias 102)
- Ribadavia: tenda Brétemas (praza Maior 1)
Deixe unha resposta Cancelar resposta