Brazolinda estará no Culturgal 2015, que se celebra en Pontevedra os días 4, 5 e 6 de decembro.
O Culturgal vén sendo un dos maiores eventos culturais dos que se celebran no noso entorno, de carácter anual e rebordando CULTURA por tódolos recunchos, achéganos ó panorama cultural galego nesta multitudinaria e consolidada feira. Alí Brazolinda fará a súa achega. Visítanos no expositor 75 e descobre as novidades xogando con nós.