Despois dun intenso inverno xa estamos preparados para comezar a xira 2016! Agardamos presentarvos os novos xogos nos que estivemos traballando... xogos sobre a historia de Galicia, as adiviñas, as matemáticas, o léxico e algún máis. Mentres non chega ese día anunciámosvos que estaremos o 30 de abril na Feira da primavera do barrio de San Pedro, en Santiago. Disque pode chover, disque pode enfriar, por iso vos deixamos aquí unha versión dun coñecido cantar:


Se chove, deixa chovere;
se orballa, deixa orballare;
na carpa de Brazolinda
vós non vos ides mollare.

 

 

 

 




Ver un mapa máis grande