Cabanas sobre manglares, volcáns en erupción, arrecifes de coral, carreiras de caracois, hortas ecolóxicas, meigallos, adiviñas, artistas equilibristas ... Atoparedes todo isto e moito máis o 25 de xullo, a partir das 12, no Festigal 2016 (no campus sur de Compostela, por debaixo da Alameda). Pero a festa comeza o 24 con concertos, boa compaña e moita sombra que vos axudarán a facer máis levadeira esta calor estival.