Parecía un tranquilo día de verán nunha illa tropical do océano Pacífico cando, de repente, un potente volcán entrou en erupción. Sen tempo para nada máis que para fuxir e poñerse a salvo, os habitantes da illa saíron das súas casas en dirección ó porto e ós barcos que alí os agardaban. Pero a cousa non era tan fácil xa que non podía quedar ningún membro da familia atrás!

 

a partir de 5 anos

 

Finalidade do xogo

  • O xogo consiste en dar unha volta completa á illa coas dúas pezas que cada xogador ten.

Obxectivo educativo

  • Mellora a capacidade de observación e concentración
  • Traballa o razoamento, a reflexión e a anticipación