Boas! Durante a nosa viaxe por Galicia adiante, que comezará mañá 24 pola mañá en Verín para calmar os nervios propios da inminente chegada do Apalpador, Papá Noel... faremos unha paradiña en Compostela para acudir ó Mercado de Nadal. Celébrase na Carreira do Conde, ó carón da alameda, e nós estaremos do 2 ó 5 de xaneiro. Alí teremos, ó carón da caseta de venda, o noso habitual espazo de xogo para facérmonos compaña mutuamente. O horario é:

- Días 2, 3 e 4: 11 h - 15 h pola mañá e 17 h - 21 h pola tarde.
- Día 5: aberto todo o día dende as 11 h ata as 21 h.