Achégase a Semana Santa e, con ela, un mundo de nenos con moito tempo libre. E eses nenos precisarán descansar, relaxarse, xogar ó seu aire inventando o seu propio mundo ... pero tamén van agradecer pasear, conversar, aprender a cociñar ... pasar tempo cos seus. Escoito moitas veces dicir "dá gusto co meu fillo porque se entretén moi ben só". Está ben que non dependan permanentemente dos maiores, pero se o pasan ben sós imaxinade o que poden sentir se xogan acompañados.

Nós poremos o noso gran de area na Semana Santa de Carnota, na feira Víndemo Ver, do 29 de marzo ó 1 de abril.