Contamos cun novo punto de venda en Pontevedra!!. Trátase de Tecnidae, un centro no que logopedas, optometristas, psicólogas, pedagogas ... empregan o xogo como parte fundamental nas diferentes terapias que realizan.

É para nós unha honra saber que, ademais de ser un punto de venda aberto ó público en xeral, as súas especialistas van empregar os xogos de Brazolinda con esas persoas, grandes e pequenas, que precisan unha atención especial.

Moitas grazas por confiar no noso proxecto.