A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Brazolinda xa está á venda nas catro provincias galegas!
Entrar nunha xoguetería e saber que as persoas que nela traballan disfrutan cos xogos de mesa, que educan ós seus fillos neste mundo e que intentan difundilos entre as familias e os mestres, dá unha idea moi boa da calidade e dos consellos que poden ofrecerlle ós seus clientes.
Isto é o que acontece no novo punto de venda que temos, a xoguetería Xogando Nas Nubes de Burela.