A familia de Brazolinda continúa medrando e contamos cun novo punto de venda. E nesta ocasión temos unha sensación especial xa que é a primeira vez que estamos nunha tenda dende o seu nacemento. Está en Vigo, chámase Patapum e inaugúrase este sábado 23 de xuño. Trátase dunha tenda de puericultura que nace pola necesidade das súas donas de crear un espazo con material amable para a infancia e o medio.
Sorte con ese proxecto!