Xa se achega a primavera e, con ela, finaliza a nosa particular hibernación. Mais non pasamos este tempo durmindo senón que estivemos, e seguimos, traballando en novos xogos!

Para que estean listos cómpre agardar un pouco, mais hoxe temos unha boa nova. Contamos cun novo punto de venda, a xoguetería Pequeño Tío de Sada (rúa Betanzos 2). Alí, ademais dun mundo de xogos, xoguetes e contos ben xeitosos, poderedes participar en actividades varias de contacontos, manualidades, teatro, xogo...

Ademais, grazas a elas e ó concello de Sada, no Nadal as escolas do concello recibiron un mundo de xogos de Brazolinda para que os seus meniños medren xogando en galego!

Benvidas!