Érase unha vez un grupo de meigas que se xuntaron para facer do seu mundo un lugar mellor. Cos seus coñecementos de maxia, de herbas e de cantigas ancestrais comezaron a xuntar ingredientes nun pote para ver que pasaba. E o que pasou foi que lograron crear un mundo especial no que a lúa, as estrelas e os planetas se aliñaron de maneira marabillosa.
A partir de 3 anos
Finalidade do xogo
- O xogo consiste en ir resolvendo adiviñas polo taboleiro adiante e obter os ingredientes necesarios para elaborar os meigallos.
Obxectivo educativo
- Traballa o razoamento e a reflexión
- Fomenta a curiosidade
- Facilita a comprensión lectora e a capacidade de análise