Imaxinade que sodes un grupo de exploradores nun día desapracible perdidos nun mangleiro, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite...
3 anos en diante, xa que conta con cartas de catro niveis de dificultade diferentes.
Finalidade do xogo
- O xogo consiste en reproducir a figura que saia na carta antes que os demais, debendo manterse dereita cando se toque o timbre para poder comprobala. Este xogo conta con cartas de 4 niveis de dificultade diferentes, co que poden mesturarse todas ou seleccionarse por niveis dependendo das idades e habilidades dos xogadores para que sexa unha partida máis compensada.
Obxectivo educativo
- Traballa a observación e a concentración
- Mellora a psicomotricidade fina e o pulso
- Xogo colectivo