Acerca de ...

Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.

 

 

 

 

 

Dúas familias de caracois saíron na procura de algo para comer, pero as mellores leitugas están do outro lado do río e hai moita corrente.

 

2 anos en diante

 

Finalidade do xogo

  • O obxectivo do xogo é chegar primeiro á leituga correspondente, xa que un xogador terá que chegar á leituga das flores rosas e o outro á das flores laranxas. Para mover tírase o dado e colócase o caracol da cor que indique á altura do caracol da mesma cor do xogador contrario, é dicir, se o xogador 1 saca “marelo” porá o seu caracol marelo ó lado do marelo do xogador 2. Deste xeito irán avanzando ou retrocedendo ó longo do taboleiro.

Obxectivo educativo

  • Reforza a aprendizaxe das cores
  • Mellora a psicomotricidade fina
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado - acción)
  • Xogo colectivo

 

  • Taller de creación de Xogos e Xoguetes

    Taller de creación de Xogos e Xoguetes

  • A noite do meigallo, A horta dos caracois, Xogo de birlos, A Cabana...

    A noite do meigallo, A horta dos caracois, Xogo de birlos, A Cabana...

  • Xogoeducando

    Xogoeducando