Preparádevos para viaxar ó fondo do mar e descubrir un fermoso mundo de coral. Alí veredes moitos peixes de diferentes cores que debedes agrupar.

 

É necesario saber ou estar aprendendo a multiplicar, co que a idade dependerá de se os xogadores saben ou non.

 

Finalidade do xogo

  • O xogo consiste en que cada xogador xunte nalgún lugar do taboleiro os peixes da súa cor, para o cal as pezas irán movéndose a través da multiplicación.

Obxectivo educativo

  • Reforza a aprendizaxe das matemáticas a través da multiplicación
  • Traballa o cálculo e a axilidade mental