Termos e Condicións de uso

1.- CUESTIÓNS XERAIS

As presentes Condicións Xerais regulan a Contratación de produtos ofertados por IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, con NIF 44819720B, que actúa no ámbito mercantil baixo a denominación comercial “BRAZOLINDA” e a publicidade dirixida ós seus clientes e/ou usuarios a través de súa tenda virtual www.brazolinda.com/tenda, propiedade de IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, con domicilio social en RÚA VIEIRO, 4, 2º C, 15707 de SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA).

Estas Condicións Xerais regulan as condicións de compra e os dereitos e obrigas derivados das operacións de compravenda dos artigos ofertados a través de www.brazolinda.com/tenda

Definicións e Aclaracións

Cliente.- Considérase CLIENTE a todo aquel internauta, que mediante o procedemento que se detalla no punto 4 destas Condicións Xerais, rexistre voluntariamente os seus datos na tenda virtual www.brazolinda.com/tenda coa finalidade de realizar unha compra.

Parte vendedora.- Considérase PARTE VENDEDORA a “BRAZOLINDA”, que se adica ó comercio ó por menor de xogos e xoguetes, así como ó seu deseño e fabricación.

O CLIENTE contratará a través da tenda virtual a compra da mercadoría, cos criterios e procedementos que se describen nas presentes Condicións de Contratación.

Condicións xerais de contratación.- Son as normas que se relatan neste documento, fixadas unilateralmente por “BRAZOLINDA” (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ), titular da web www.brazolinda.com/tenda

As presentes condicións xerais veñen a regular o funcionamento para a compra vía electrónica dos produtos ofrecidos a través desta páxina web e deberán aceptarse expresamente polo CLIENTE mediante os mecanismos que se detallan a continuación. Calquera controversia ou conflito entre o CLIENTE e A PARTE VENDEDORA, que exceda á regulación destas Condicións Xerais resolverase conforme á lexislación aplicable.

Aceptación das condicións xerais de contratación

A utilización por parte do CLIENTE destes servizos de venda electrónica, presupón a comprensión e aceptación das Condicións Xerais de Contratación na versión publicada en www.brazolinda.com/tenda, formando parte íntegra e inseparable do contrato de compravenda, ó que ámbalas partes e obrigan e cuxa eficacia opera no memento da subscrición do pedido a instancia do CLIENTE, a través dos mecanismos de contratación que posteriormente se especificarán, todo isto de conformidade co previsto no art. 1.255 do Código Civil que recolle o principio da autonomía da vontade e pactos entre as partes contratantes.

Estas condicións están dispoñibles na páxina web www.brazolinda.com/tenda no botón “Termos e Condicións de uso”, e é imprescindible que O CLIENTE lea atentamente e afirme comprender e aceptar las Condicións Xerais antes de proceder a realizar unha solicitude de pedido.

BRAZOLINDA, resérvase o dereito a modificar, total ou parcialmente, estas condicións xerais, sendo de aplicación as novas que acorde dende o momento da súa publicación na páxina. En calquera caso, as citadas modificacións non terán efectos retroactivos sobre os bens ou servizos xa previamente contratados polos CLIENTES.

Lexislación aplicable

Para garantir na súa integridade os dereitos dos consumidores e CLIENTES de www.brazolinda.com/tenda as presentes Condicións Xerais establécense de conformidade ó previsto na lei española vixente en cada momento, e en particular na Lei 3/2014, de 27 de marzo, pola que se modifica o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e usuarios e outras Leis complementarias, aprobado por Real Decreto-Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro; Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido dea Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias; , Lei 7/98 de 13 de abril de Condicións Xerais da Contratación, Lei 47/2002 de Ordenación do Comercio polo Miúdo, Código Civil, Directiva 2000/31 CE do Parlamento Europeo e do Consello de 8 de xuño, Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, Lei 23/2003 de 10 de xullo de Garantías na venda de Bens de Consumo e demais leis aplicables e a súa normativa de desenvolvemento.

Non terán a consideración de consumidores quen sen constituírse en destinatarios finais adquiran, almacenen, utilicen o consuman bens ou servizos, coa fin de integralos en procesos de produción, transformación, comercialización ou prestación a terceiros, polo que non se benefician dos dereitos outorgados ós consumidores.

2.- CONDICIÓNS DE ACCESO DO USUARIO/CLIENTE E MECANISMO DE CONTRATACIÓN

O usuario da páxina web de www.brazolinda.com/tenda terá dereito ó acceso libre e gratuíto á información pública recollida na mesma, se ben BRAZOLINDA, de aquí en diante PARTE VENDEDORA, resérvase o dereito de restrinxir o acceso a información, promocións e ofertas especiais ós seus usuarios rexistrados, en diante CLIENTES.

Calquera usuario que acceda á paxina web www.brazolinda.com/tenda ten dereito a rexistrarse como CLIENTE, podendo polo tanto acollerse ás ofertas especiais destinadas ó colectivo de CLIENTES rexistrados, se cumpre coas concretas condicións da oferta que para cada produto se especifiquen.

A información pública contida na páxina web www.brazolinda.com/tenda referida á PARTE VENDEDORA atópase protexida pola disposicións legais sobre propiedade intelectual e industrial, polo que NON SE AUTORIZA a copia, transmisión, cesión, alleamento ou utilización polo CLIENTE. Prohíbese todo uso que non conte co consentimento expreso da PARTE VENDEDORA, ou do fabricante do produto, ou do titular de marcas e logotipos.

PASO 1: Rexistro de CLIENTE

O usuario, con carácter previo á formalización da compra de calquera de los produtos ofertados a través de www.brazolinda.com/tenda, deberá rexistrar os seus datos e circunstancias persoais necesarios para a formalización do contrato de compravenda (segundo o formulario de rexistro da web). Unha vez rexistrado o usuario terá consideración de CLIENTE.

O sistema de rexistro persoal completarase coa designación por parte do cliente dunha clave de acceso personalizada (login) e un contrasinal (password) para facilitarlle ó CLIENTE futuras operacións de compra. O CLIENTE poderá designar ó seu criterio a clave e o contrasinal desexados, sempre e cando estas estean dispoñibles ou non se atopen asignadas a outros CLIENTES. Non se admitirán claves o contrasinais con contidos inmorais, inxuriosos, vexatorios, discriminatorios o que contraveñan o disposto nas leis, nin aquelas con termos que aludan a marcas, produtos o denominacións protexidas polas disposicións legais sobre Propiedade Intelectual, Industrial ou contrarias ós dereitos á intimidade, ó honor e á propia imaxe.

O CLIENTE comprométese a asegurar a confidencialidade da súa propia clave de acceso e do seu contrasinal. A PARTE VENDEDORA queda eximida de calquera responsabilidade derivada do incorrecto uso ou neglixencia por parte do CLIENTE no cumprimento da súa obrigación de confidencialidade das súas claves de acceso.

PASO 2: Solicitude do Pedido

A través do menú consignado na páxina Web, o CLIENTE poderá obter información sobre o produto en canto a: características técnicas, descrición e marca, fotografía indicativa (no seu caso).

O CLIENTE dispón dunha cesta da compra, na que cargará o produto que desexa comprar, se marca a cela “Lin e acepto as Condicións Xerais de Contratación”, considerarase que O CLIENTE entende as mesmas e que as acepta plenamente. Se pola contra O CLIENTE non marca a cela “Lin e acepto as Condicións Xerais de Contratación”, concluirá a operación e non comportará a asunción de ningún tipo de obriga por parte do CLIENTE.

Unha vez realizada a Solicitude de Pedido a través da páxina web, o CLIENTE recibirá unha mensaxe de correo electrónico coa confirmación do pedido. Os pedidos solicitados antes das 19:00 horas tramitaranse a partir das 10:00 horas do día seguinte.

PASO 3: Formalización e pago

O CLIENTE poderá pagar a súa compra coa súa tarxeta de crédito ou débito (Visa, MasterCard, 4B e Tarxeta Euro 6000) a través de pasarela segura de pago.

Os prezos indicados na pantalla ó lado de cada produto serán expresados en euros co 21% de IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) incluído no mesmo. A este prezo sumaránselle os custes de envío correspondentes en cada caso. OS DETALLES DOS CUSTES E IMPOSTOS REFLECTIRANSE NA FICHA DO PEDIDO.

Tarifas de envío: As tarifas aplicadas polos provedores de transporte teñen variacións en función do tipo de envío, o lugar de destino ou o peso, polo que para comprobar os gastos que se aplicarán a cada pedido o CLIENTE debe avanzar na compra deica chegar á confirmación do pedido. En todo caso, o CLIENTE sempre pode abandonar a compra se non está conforme ou non acepta as tarifas dos provedores de transporte.

Lugar e forma de entrega: O pedido será entregado no domicilio designado no momento da contratación polo CLIENTE. A modificación posterior do lugar de entrega solicitado polo CLIENTE poderá xerar gastos adicionais sobre o prezo de venda que serán por conta do comprador. A mercadoría será transportada pola PARTE VENDEDORA ou a través de empresa de transportes, segundo a zona e características do envío.

Mercadoría defectuosa: En caso de verificar o CLIENTE no momento da entrega erros na mercadoría recibida ou que esta se atope visiblemente danada, deberá consignar estas circunstancias na factura e poñer en coñecemento da PARTE VENDEDORA estes feitos no prazo de 24 horas por escrito, mediante correo electrónico a brazolinda.tenda@brazolinda.com. A PARTE VENDEDORA farase cargo dos gastos de envío e/ou recollida no seu domicilio e de repoñer o produto defectuoso sen cargos adicionais. En todo caso o cliente debe verificar que a mercadoría fose entregada en perfecto estado. Reclamacións posteriores a 24 horas despois da entrega non poderán ser aceptadas.

Prazo de entrega: Establécese un prazo aproximado de 15 días hábiles para a entrega efectiva do produto a contar dende a formalización completa do pedido. O prazo de entrega da mercadoría depende da localidade onde esta teña que poñerse a disposición do CLIENTE.

Son días hábiles os que teñan esta consideración no calendario nacional.

Ofertas, descontos e sobreprezos: Os posibles descontos ou agasallos promocionais serán libremente dirixidos pola PARTE VENDEDORA ós colectivos designados en cada momento pola empresa, ou en función do produto ofertado, segundo a publicidade existente en cada momento na súa páxina web.

As ofertas estarán debidamente marcadas e identificadas como tales. A PARTE VENDEDORA resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas, podendo actualizar diariamente produtos e prezos en función do mercado. O prezo aplicable á solicitude de pedido efectuada polo CLIENTE será o que constase no momento de aceptar as Condicións Xerais de Contratación. Unha vez confirmado o pedido, a PARTE VENDEDORA resérvase o dereito de avisar ó CLIENTE de calquera erro de prezo presente no pedido, tendo a potestade o CLIENTE de poder cancelar a súa solicitude de pedido se o prezo final resultase moi distinto ó inicialmente indicado, reembolsándose no seu caso, a cantidade abonada e ofrecéndolle posibilidades alternativas que satisfagan ó CLIENTE.

Nalgunha ocasión poderán aplicarse sobreprezos pola xestión de pedidos. Estes sobreprezos aparecerán na cesta da compra antes de que o CLIENTE finalice a Solicitude de Pedido e cunha nota explicativa.

Cancelación do pedido: O CLIENTE pode cancelar calquera solicitude de pedido antes de confirmar definitivamente o seu pedido de compra. Se o pedido xa foi confirmado, deberá aterse ó disposto no apartado “Desistimento/revogación unilateral do pedido solicitado” destas condicións de compravenda e entrega do produto recollidas dentro das Condicións Xerais.

Factura: A factura achegaráselle ó CLIENTE coa mercadoría adquirida, salvo nos casos nos que o CLIENTE elixise a opción de “FACTURA ELECTRÓNICA”. A PARTE VENDEDORA advirte que non poderá modificar posteriormente as facturas de venda en cumprimento de la normativa vixente. A factura emitirase a nome da persoa física ou empresa que realiza o pedido, polo que o CLIENTE debe asegurarse de realizar o pedido ó nome correcto. Non serán posibles cambios posteriores.

Devolución/Desistimento/Revogación unilateral do pedido solicitado: O CLIENTE terá dereito á revogación do pedido solicitado nun prazo de 14 días naturais dende a recepción do mesmo. Calquera devolución, desistimento ou revogación na execución do contrato de compravenda deberá comunicarse por escrito á PARTE VENDEDORA. Para proceder á devolución, o CLIENTE deberá comunicar coa PARTE VENDEDORA por correo electrónico, ou por correo postal, para establecer os mecanismos de devolución oportunos (número de devolución, forma e dirección de entrega do envío de devolución). Para isto, poñemos á súa disposición o correspondente formulario de desistimento. En caso de exercitar o presente dereito desistimento, serán por conta do cliente os gastos de devolución e os defectos sufridos polo produto ou mercadoría. A xestión da devolución do produto ten que realizala o propio cliente (aconsellamos asegurar a mercadoría) e é totalmente indispensable que chegue con PORTES PAGADOS.

A empresa vendedora non se fará cargo de devolucións sobre produtos manipulados polo CLIENTE, ou aquelas mercadorías que se devolvan incompletas tanto no seus elementos principais como nos accesorios.

Non procederá o dereito de desistimento fóra do prazo indicado.

Instrucións para devolver o pedido: A mercadoría obxecto de devolución seralle entregada ó transportista enviado pola PARTE VENDEDORA correspondente para o seu envío.

Para evitar calquera incidencia, é necesario que os produtos máis pequenos (pezas, fichas…) vaian protexidos por unha embalaxe externa - tal como o recibiu o CLIENTE no seu domicilio – e evitar así calquera tipo de deterioro ou manipulación da embalaxe orixinal do produto durante o transporte.

Para calquera dúbida acerca do correcto envío dos produtos, consulte co noso departamento de Atención ó Cliente: 647853361 ou brazolinda.tenda@brazolinda.com.

Garantía: A garantía dos produtos vendidos por BRAZOLINDA préstase e establécese en virtude da normativa contida na Lei 47/2002 de Ordenación do Comercio polo Miúdo e normativa vixente en cada momento, marco legal que ten por obxecto facilitarlle ó consumidor distintas opcións para esixir o saneamento cando o ben adquirido non sexa conforme co contrato, dándolle a opción de esixir a reparación ou a substitución do ben, salvo que esta resulte imposible ou desproporcionada. Cando a reparación ou substitución non fosen posibles ou resulten desproporcionadas, o consumidor poderá esixir a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato.

Algúns dos produtos BRAZOLINDA son artesanais. Ademais do debuxo da veta de cada madeira, os acabados poden ser artesanais o que fai que cada peza sexa un modelo único e o produto podería no ser idéntico ó das imaxes que o representan.

Tódolos produtos BRAZOLINDA están completamente garantidos durante un ano (co comprobante de compra), se existise algún defecto na súa fabricación. O CLIENTE entende e acepta que algúns dos produtos BRAZOLINDA son artesanais e non industrializados, polo que o acabado nunca será perfecto.

Lei aplicable e xurisdición

Estas Condicións Xerais réxense pola lei española. As partes sométense, á súa elección, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro foro, ós xulgados e tribunais do domicilio do usuario/cliente.

3.- LEI 34/2002, DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, (L.S.S.I)

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.) ponse en coñecemento dos CLIENTES a información relativa á razón social, e que a continuación se detalla:

IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, con NIF 44819720B, que actúa no ámbito mercantil baixo a denominación comercial “BRAZOLINDA” e a publicidade dirixida ós seus clientes e/ou usuarios a través da súa tenda www.brazolinda.com/tenda, con domicilio social en RÚA VIEIRO, 4, 2º C, 15707 de SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA).

A dirección de contacto é a dirección de correo electrónico brazolinda.tenda@brazolinda.com

4.- LEI 15/1999 DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

BRAZOLINDA respecta a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, e comprométese ó cumprimento da normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e o seu regulamento de desenvolvemento, RD 1720/2007, de 21 de decembro.

Asemade, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que ten establecido tódolos medios técnicos ó seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos CLIENTES, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de confidencialidade vixentes.

Todo isto sen prexuízo do feito, que o CLIENTE expresamente acepta, de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

En cumprimento do disposto na citada lexislación en materia de Protección de Datos, infórmase ó CLIENTE de que os datos persoais solicitados a través de la páxina web, serán incorporados ós ficheiros automatizados dos que IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ é responsable, e serán obxecto de tratamento parcialmente automatizado coas finalidades que a continuación se detallan.

Finalidade principal: Formalización de contratos de compravenda

Voluntariamente, o usuario proporcionará os datos persoais solicitados para proceder á alta como CLIENTE e poder formalizar os contratos de compravenda. O rexistro destes datos é obrigatorio; a falta de cubrir os mesmos por parte do CLIENTE ou o subministro de datos incorrectos imposibilitará que BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) poida xestionar correctamente os pedidos efectuados.

Tódolos de carácter persoal proporcionados polos CLIENTES de forma fraudulenta ou falsa poderán ser considerados como delito de falsedade de documentos mercantís.

Outras finalidades: fins estadísticas e prospección comercial

BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) pode solicitar datos persoais adicionais, a efectos estadísticos, que lle permitan coñecer o perfil do CLIENTE. Porén, o CLIENTE pode omitir o deixar de comunicar calquera dato ou circunstancia persoal que non sexa absolutamente necesario para a alta como CLIENTE ou formalización da compra.

No caso de que o CLIENTE facilite os seus datos para obter información dos produtos de BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) ou para calquera outra cuestión que non xere unha relación de cliente/provedor, o formulario de recollida de datos conterá unha cláusula de autorización cuxa aceptación significará que dá o eu pleno consentimento ó tratamento automatizado dos datos facilitados, de acordo coa Lei de Protección de Datos. A información facilitada polo CLIENTE será utilizada por BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) neste caso para as seguintes finalidades: 1) Envío da información expresamente solicitada. 2) Envío periódico de información sobre a tenda, os produtos da empresa, incluíndo as novidades que se vaian producindo respecto ós mesmos, ofertas e informacións de carácter publicitario. O CLIENTE poderá optar en todo momento por rexeitar o envío de tal información enviando un correo electrónico a brazolinda.tenda@brazolinda.com neste sentido.

Comunicación de datos

BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) incorporará os datos facilitados polo CLIENTE ó seu ficheiro de “IFA-VENDA ELECTRÓNICA”.

O CLIENTE consinte expresamente que BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) comunique os datos recollidos a empresas para a xestión do transporte e para a xestión de impagos.

BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) non accede nin almacena números de conta dos seus clientes, sendo estes tratados directamente pola entidade bancaria.

BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) poderá levar a cabo outras comunicacións de datos previstas na lei e para as cales non se require consentimento expreso do interesado (comunicacións ás Administracións Públicas, principalmente).

Exercicio de dereitos

O CLIENTE pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, conforme á lexislación vixente. Tales dereitos poderán exercitarse polo CLIENTE ou, no seu caso, por quen o represente, mediante solicitude escrita e asinada, acompañando fotocopia de d.n.i, dirixida a BRAZOLINDA (IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ) na seguinte dirección: RÚA VIEIRO, 4, 2º C, 15707 de SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA).; ou a través do correo electrónico brazolinda.tenda@brazolinda.com.

5.- POLÍTICA DE COOKIES

Unha cookie é un ficheiro de información que o servidor deste sitio web envía ó ordenador/smartphone/tableta de quen accede á páxina para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa dende o citado dispositivo.

A nosa web utiliza diversos tipos de cookies (técnicas, analíticas e sociais) unicamente coa finalidade de mellorar a navegación do usuario no sitio web, sen ningún tipo de finalidade publicitaria ou semellante:

Cookies técnicas necesarias ou convenientes para a prestación de determinados servizos. Ó desactivar estas cookies, non se poderán recibir correctamente os contidos do sitio web.

Cookies analíticas, para o seguimento e a análise estadística do comportamento do conxunto dos usuarios. Ó desactivar estas cookies, o sitio web poderá seguir funcionando, sen prexuízo de que a información captada por estas cookies sobre a utilización da nosa web e sobre o seu contido permite mellorar os nosos servizos.

Cookies de redes sociais externas, que se utilizan para que os visitantes poidan interactuar co contido de diferentes plataformas sociais (Facebook, YouTube, Twitter, LinkedIn, etc.) e que se xeran unicamente para os usuarios de ditas redes sociais. As condicións de utilización destas cookies e a información recompilada regúlase pola política de privacidade e a plataforma social correspondente.

O usuario poderá -en calquera momento- elixir que cookies quere que funcionen neste sitio web mediante a configuración do navegador; por exemplo:

Chrome, dende http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=es&answer=95647

Explorer, dende http://windows.microsoft.com/es-es/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9

Firefox, dende http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-we

Safari, dende http://support.apple.com/kb/ph5042