O espello Ver máis grande

O espello

17_016

Produto novo

A partir de 5 anos

Aprender a expresar o que un ten en mente, fixarse nos detalles, situar no espazo as cousas, manexar vocabulario... son os obxectivos deste xogo chamado "O espello".

Máis detalles

Este produto non está en stock neste momento. Consúltenos para pedidos

35,00 € IVE incl.

Máis información

Por quendas, os xogadores terán que dar indicacións para facer un mundo de debuxos nun papel. Os dous teñen que facer o mesmo debuxo pero sen ver o do compañeiro, pois estarán separados por unha tea. Cantos máis detalles dean, máis se parecerán cando os comparen ó final do xogo. Poden mandar facer "unha árbore" ou dicir que "a árbore vai no lado dereito e ten o tronco alto e delgado e unha copa grande e redonda", por exemplo.
Ademais, cando eles queiran, poderán poñer en xogo unhas cartas coas que terán que facer un debuxo cos ollos pechados, do revés ou só con figuras xeométricas, entre outras. Tamén terán 30 cartas tema que servirán de axuda para guiar a escena (o mundo dos insectos, o fondo do mar, travesía polo deserto...).