Verbolario

18_001

Produto novo

A partir de 6 anos

O xogo está baseado nun material empregado en terapias visuais para mellorar diversas cuestións relacionadas tanto coa vista como coa comprensión lectora e a concentración. Nós transformamos ese material nun xogo que traballa a apredizaxe de léxico, reforzo da lectura, percepción espacial, axilidade mental ...

Máis detalles

26,00 € IVE incl.

Máis información

Obxectivo do xogo:

  • Consiste en identificar a palabra agochada no círculo que a dinámica de xogo determine. As letras están por orde pero cómpre saber por onde comeza a palabra para lela correctamente.
  • Permite establecer dous niveis de xogo para que poidan participar lectores expertos e persoas que aínda están aprendendo a ler ou que poidan ter máis dificultades

Obxectivos educativos:

  • Mellora da concentración
  • Reforzo da lectura e aprendizaxe de novo vocabulario
  • Capacidade de razoamento
  • Mellora da axilidade mental e da expresión oral
  • Axuda ante posibles problemas de percepción, de integración da información e de motilidade ocular