Camiño de Compostela

20_003

Produto novo

Idade orientativa: a partir de 10 anos

Número de xogadores: ata 5  

Obxectivos educativos:

  • Traballa o razoamento e a expresión oral
  • Fomenta a curiosidade e a imaxinación
  • Aporta coñecementos sobre xeografía, patrimonio natural e arquitectónico, gastronomía, profesións tradicionais, festas ... de Galicia

Máis detalles

36,00 € IVE incl.

Máis información

Neste xogo, os romeiros e romeiras percorrerán os diferentes Camiños de Santiago conseguindo as cartas das etapas polas que pasen, quedando así na súa memoria. Estas 64 cartas, con elementos da gastronomía, do patrimonio natural e arquitectónico, festas, profesións tradicionais... servirán durante a partida para obter melloras (camiñar máis rápido, visitar máis lugares...)

Mais ao final da viaxe comeza unha fermosa experiencia. A persoa que mellor aproveitase o Camiño, quen máis puntos teña, improvisará un relato, un contiño con algunhas das súas cartas sobre como foi a súa viaxe, os lugares polos que pasou, o que sentiu...  

Ademais, conta cun pequeno libro-guía para aprender un pouquiño de cada etapa e que poderedes personalizar facendo as vosas propias ilustracións.