En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedadr da Información (L.S.S.I.) , dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que o dominio www.brazolinda.com/tenda de agora en diante sitio Web pertence a IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ con domicilio social en Rúa Vieiro 4, 2ºC 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña ); provista de CIF 44819720B
A súa dirección de contacto é a dirección de correo electrónico brazolinda@brazolinda.com

CONDICIÓNS DE USO
I.- Usuarios/as;
O acceso a e/ou uso do sitio Web de www.brazolinda.com/tenda, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e ser reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio Web.

II.- Uso do sitio Web, os seus servizos e contidos;
O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Asemade, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitas ou lesivas contra A TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, ficheiros de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
Calquera vulneración dos dereitos da TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
Calquera intento de obter os contidos do sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/das usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ó sitio Web.

III.- Modificación unilateral;
A TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio Web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.

IV.- Ligazóns;
O establecemento de calquera "ligazón" entre unha páxina Web e o sitio Web estará sometido ás seguintes condicións:
Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio Web.
Salvo consentimento previo e expreso, a páxina Web na que se estableza a ligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes á TITULAR.
Baixo ningunha circunstancia, A TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina Web dende a que se realice a "ligazón" nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

V. Exclusión de Garantías y responsabilidade;
A TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:
A falla de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
A falla de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/das usuarios/as, dos contidos.
O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, ós usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio Web, o seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
A falla de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/das usuarios/as no sitio Web.
O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados ós usuarios/as a través do sitio Web.

VI. Duración;
A duración da prestación do servizo do sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, A TITULAR resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos térmos que se recollen na condición terceira.

VII. Lexislación aplicable e Xurisdición;
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puideran suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, IRIMIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garánteselle ó usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a brazolinda@brazolinda.com

POLÍTICA DE COOKIES
Unha cookie é un ficheiro de información que o servidor deste sitio web envía ó ordenador/smartphone/tableta de quen accede á páxina para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa dende o citado dispositivo.
A nosa web utiliza diversos tipos de cookies (técnicas, analíticas e sociais) unicamente coa finalidade de mellorar a navegación do usuario no sitio web, sen ningún tipo de finalidade publicitaria ou semellante:
Cookies técnicas necesarias ou convenientes para a prestación de determinados servizos. Ó desactivar estas cookies, non se poderán recibir correctamente os contidos do sitio web.
Cookies analíticas, para o seguimento e a análise estadística do comportamento do conxunto  dos usuarios. Ó desactivar estas cookies, o sitio web poderá seguir funcionando, sen prexuízo de que a información captada por estas cookies sobre a utilización da nosa web e sobre o seu contido permite mellorar os nosos servizos.
Cookies de redes sociais externas, que se utilizan para que os visitantes poidan interactuar co contido de diferentes plataformas sociais (Facebook, YouTube, Twitter, LinkedIn, etc.) e que se xeran  unicamente para os usuarios de ditas redes sociais. As condicións de utilización destas cookies e a información recompilada regúlase pola política de privacidade e a plataforma social correspondente.
O usuario poderá -en calquera momento- elixir que cookies quere que funcionen neste sitio web mediante a configuración do navegador; por exemplo:
Chrome, dende http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=es&answer=95647
Explorer, dende http://windows.microsoft.com/es-es/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Firefox, dende http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-we
Safari, dende http://support.apple.com/kb/ph5042